As actividades, orientadas ao público infantil e ao adulto, son totalmente gratuítas e levaranse a cabo entre os días 17, 18 e 19 de xuño
Haberá, ademais, tres xornadas de portas abertas no museo do Castelo de San Antón, tamén entre venres e domingo
O Concello da Coruña abre mañá, martes 7 (10.00 horas), o prazo de inscrición para as actividades que se levarán a cabo no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón e o Castro de Elviña no contexto das Xornadas Europeas de Arqueoloxía que se realizarán os días 17, 18 e 19 de xuño.
O programa de actividades, que serán totalmente gratuítas, abrangue dúas conferencias informativas no museo de San Antón; catro quendas de percorridos guiados, entre o propio museo e o Castro de Elviña; talleres infantís de arqueoloxía; talleres de experimentación para persoas adultas; e, ademais, un espectáculo de recreación histórica sobre os gladiadores.
Ademais, o Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón ofrecerá á cidadanía tres xornadas de portas abertas, tamén entre venres e domingo: o día 17 (10.00 a 19.30 horas), o día 18 (10.00 a 00:00 horas) e día 19 (10.00 a 14.30 horas).
As persoas interesadas en inscribirse nos talleres e percorridos guiados poderán chamar ao teléfono 981 189 850. Os actos previstos son os seguintes:
● Conferencias no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón
○ Presentación do programa de emprego Rede Virtual de Xacementos
Arqueolóxicos da Coruña.
■ Venres 17: 18.30 horas
■ Duración: Unha hora.
■ Público: Adulto.
■ Por orden de chegada ata completar capacidade.
○ Conferencia sobre as intervencións actuais no Castro de Elviña: excavación e restauración.
■ Venres 17: 20.00 horas.
■ Duración: Unha hora e media.
■ Público: Adulto.
■ Por orden de chegada ata completar capacidade.
● Visitas guiadas
○ Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón: Percorrido polo castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico.
■ Sábado 18 (12.00 e 18.00 horas), e domingo 19 (12.00 horas).
■ Duración: Unha hora e cuarto.
■ Público: Adulto.
■ Prazas: 25.
■ Gratuíta con reserva previa.
○ Castro de Elviña: Percorrido polo xacemento para coñecer o proceso de excavación e os avances das últimas campañas arqueolóxicas.
■ Sábado 18 e domingo 19 (12.00 horas).
■ Duración: Unha hora e media.
■ Público: Adulto.
■ Prazas: 25.
■ Gratuíta con reserva previa
● Talleres infantiles de arqueoloxía
○ Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón: o sábado 18, ‘Enredados na prehistoria’, actividade que permitirá coñecer as formas de vida no pasado a partir da moda e a través da colección do museo, descubrindo accesorios relacionados co mundo da moda; o domingo 19, ‘Ídolos: protectores do tempo’, para coñecer os misterios do mundo funerario en épocas pasadas e tamén os rituais vencellados á vida no máis alá, centrándose no Neolítico.
■ Hora: 11.45 horas.
■ Duración: Hora e media.
■ Público: De 6 a 12 anos.
■ Prazas: 20.
■ Gratuítos con reserva previa.
○ Castro de Elviña: tanto o sábado 18 como o domingo 19, ‘Removendo a historia’, taller no que as persoas participantes coñecerán o método arqueolóxico e a súa importancia a través dunha escavación simulada, empregando a ciencia e a análise para converterse en investigadoras do pasado. O taller levarase a cabo na entrada do castro tras a visita ao xacemento.
■ Hora: 17.00 horas.
■ Duración: Hora e media.
■ Público: De 6 a 12 anos.
■ Prazas: 25.
■ Gratuítos con reserva previa.
● Talleres de experimentación para adultos no castro de Elviña
○ ‘Á caza’: actividade experimental para descubrir a evolución da cinexética a través do tempo. Por medio de réplicas prehistóricas, as persoas participantes poderán achegarse ás diferentes formas de vida nas primeiras etapas da prehistoria, para coñecer os avances tecnolóxicos máis importantes sobre a caza e o lume, descubrindo as habilidades dos homínidos do pasado para poder sobrevivir a condicións extremas.
■ Hora: 19.00 horas.
■ Duración: Hora e media.
■ Público: Adultos.
■ Prazas: 25.
■ Gratuíto con reserva previa.
● Recreación de Gallaecia Viva
○ ‘Gladiatura’: a asociación histórico-cultural Gallaecia Viva levará a cabo unha recreación histórica dunha gladiatura ou combate de gladiadores.
■ Hora: 22.00 horas.
■ Duración: Unha hora.
■ Por orde de chegada ata completar capacidade.