· Todas aquelas persoas interesadas en recibila no seu correo poden anotarse en https://mercamarinas.com/landing-newsletter-mercamarinas/
O Concello de Camariñas continúa a promocionar ‘MerCamariñas’, a súa central de venta en liña para o comercio local, e acaba de estrear unha newsletter para promocionar os últimos produtos que se publicasen na plataforma.
Todas aquelas persoas interesadas en recibila no seu correo electrónico poden anotarse en https://mercamarinas.com/landing-newsletter-mercamarinas/ e recibirán así, todos os luns ás 11 horas, este boletín para dar a coñecer as novidades que os clientes poden atopar no Amazon da Costa da Morte.