Sunday 24 de November de 2024

O Concello de Miño inicia os traballos de mantemento de 7 parques infantís


• É unha actuación específica para cada espazo, na que se analizaron as necesidades que había.

• O orzamento destinado para tal fin rolda os 15.000 euros.

O Concello de Miño iniciou os traballos de mantemento e reposición de sete parques infantís do municipio: actuarase no de Rabazal, o do porto, o que está situado no local social de Bemantes, o de Viadeiro, o de San Xoán, o da escola unitaria de Perbes e, por último, o de Leiro.

É un plan de renovación específico no que se analizaron as necesidades que tiña cada espazo para acometer as obras requiridas, que van desde o pintado de estruturas en mal estado á renovación de determinadas pezas ou a actualización doutras que non cumprían coa actual normativa de seguridade.

O orzamento que o Concello destinou para tal fin rolda os 15.000 euros e enmárcase dentro do seu obxectivo de contar cunhas instalacións en bo estado e que sexan o máis seguras posible para os seus usuarios e usuarias.