Friday 22 de November de 2024

O Concello impulsa un campamento de ocio, programación e robótica para os mozos e mozas


• Hoxe, 6 de xuño, comeza o prazo de inscrición para unha actividade que se desenvolverá entre o 4 e o 22 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O Concello das Somozas impulsa un campamento de ocio, programación e robótica para os mozos e mozas do municipio dirixida para as nenas e nenos escolarizados/as no CPI O Marbán, tanto empadroados como veciños e veciñas, en idades comprendidas entre os 4 e os 15 anos.

Hoxe, 6 de xuño, comeza o prazo de inscrición para unha actividade que se desenvolverá entre o 4 e o 22 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Poderán formalizarse as inscricións en www.tech-academy.eu/somozas. Trátase dunha iniciativa totalmente de balde.

Ao remate do curso académico comeza o verán, máis de dous meses de lecer para a rapazada. O Concello das Somozas e SOGARISA, conscientes das posibilidades educativas e lúdicas desta época de vacacións, pretenden coa proposta SOMOZASTECH cambiar o aspecto das instalacións municipais para dotalas dunha ampla oferta de actividades tecnolóxicas, deportivas, lúdicas e culturais dirixidas á mocidade.

Os obxectivos prioritarios do mesmo son: o fomento da creatividade, un entorno colaborativo e desenvolver habilidades de alfabetización dixital. Unha das propostas máis interesantes é a de construción do propio robot, e para ilo contarase con clases de grupos reducidos en función da idade e niveis de coñecemento. Tamén aprenderán de ciencia ou familiarizaranse cos drones.

O alcalde, Juan Alonso Tembrás, destaca “a ampla oferta lúdica e cultural deste campamento, con propostas futuristas que lle servirán á rapazada para afianzar e desenvolver coñecementos no mundo da informática e da robótica”, sinalou.