O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal será escenario dunha nova cita cultural. Nesta ocasión, Laura Novelle presentará o seu libro Cuando me digas te quiero, que parte da vida de soño que leva Nora ata que se trastornan as súas certezas, e, co apoio incondicional da súa irmá, emprenderá un camiño de reconstrución persoal a través dunha viaxe que lle ensinará a acepta-la súa nova realidade.
O acto desenvolverase no 10 de xuño, ás 20.30 horas, e contará coas intervencións da propia autora; da concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); e de Cristina Andrade, quen exercerá como presentadora.
Organiza a Concellaría da Cultura, coa colaboración da A.C. Escola de Música da Pobra do Caramiñal.
A entrada é libre ata completa-la cabida.