Sunday 24 de November de 2024

Segunda andaina Bergondo en feminino


Ao redor de 30 persoas participaron na segunda e última andaina do programa ‘ Camiñada Bergondo en feminino’, que constou de dous roteiros a pé para coñecer a vida e obra das mulleres homenaxeadas polo Concello de Bergondo nos anos 2021 e 2022.

Esta nova fase do programa municipal, a través do que se investiga a historia das mulleres do municipio co obxectivo de visibilizar a súa contribución á sociedade, ten o obxectivo de continuar divulgando a traxectoria das mulleres bergondesas, visibilizando as súas achegas á sociedade e reivindicando a igualdade.

O segundo roteiro, celebrada hoxe sábado 4 de xuño, foi de Guísamo a Cortiñán, cun percorrido de 3,6 quilómetros con saída ás 10:30 horas desde a Sociedade Recreativa de Guísamo e chegada ás 12 horas ao Centro Social de Cortiñán. Aquí as figuras que se coñeceron en profundidade son as de Natividade Martínez de Pan e Carmen Miramontes Vidal, aproveitando neste último caso para descubrir a placa na súa homenaxe no lavadoiro de Cortiñán.