Saturday 16 de November de 2024

Román Rodríguez destaca a FP Básica como “Unha aposta pola equidade e pola igualdade de oportunidades”


— Sinala que estas ensinanzas “xogan un papel fundamental como alternativa ao abandono escolar e como porta de acceso ao mercado laboral”

— Nestas olimpíadas participaron 111 alumnos de 39 centros educativos de toda a Comunidade

— Trátase da primeira competición en toda España específica para alumnos de grao básico e de programas formativos para persoas con necesidades educativas especiais

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo director xeral de FP, José Luis Mira, presidiu esta mañá o acto de entrega das medallas do I Campionato Galego de Formación Profesional Básica FPBásicaSkills Galicia 2022, as primeiras olimpíadas específicas deste nivel de ciclos formativos que se celebran en toda España. Na competición tomaron parte tamén estudantes de programas formativos dirixidos a persoas con necesidades educativas especiais

No transcurso do acto, o representante da Xunta de Galicia destacou que a FP de grao básico representa “dous piares do noso sistema educativo como son aposta pola equidade e a igualdade de oportunidades”. Neste sentido, sinalou que estas ensinanzas “xogan un papel fundamental como alternativa ao abandono escolar e como porta de acceso ao mercado laboral, ademais de como piar da nosa aposta por unha escola inclusiva e pola aprendizaxe permanente”. “En definitiva, o espírito desta iniciativa simboliza á perfección a esencia e a razón de ser da Formación Profesional”, engadiu.

Empregabilidade e competitividade
Román Rodríguez salientou “a revolución silenciosa que experimentou na última década a FP”, de manifesto en cifras como o incremento dun 74% na matrícula e o éxito de modalidades como a FP Dual. Así mesmo, fixo fincapé no incremento na inserción de todas as modalidades. “A taxa de inserción laboral do conxunto da FP situábase hai dez anos nun 51,7% mentres que na actualidade a inserción na FP Básica está no 75% e en modalidades coma a FP Dual supera xa o 90%”, explicou.

O conselleiro de Educación quixo agradecer o esforzo do alumnado participante, do profesorado, titores e centros educativos, así como da máis dunha vintena de empresas colaboradores nas FPBásicaSkills Galicia 2022.

“A revolución non podería ser posible sen a implicación da comunidade educativa, do alumnado e do sector empresarial”, indicou o conselleiro, lembrando que “hoxe a nosa FP é un referente de empregabilidade, de competitividade e de adaptación ao entorno laboral”.

Medalleiro
O obxectivo deste certame, que se suma ás Galicia Skills (con participación maioritaria de alumnado de ciclos de grao medio e superior), é impulsar o prestixio destas ensinanzas como unha opción de futuro para os rapaces que as cursan.

As olimpíadas desenvolvéronse entre o 24 de maio e o 2 de xuño e estruturáronse en nove competicións (sete de FP Básica e dous de programas formativos básicos), que contaron coa participación de 111 alumnos de 39 centros educativos de toda Galicia.

A relación de alumnos gañadores pode consultarse na seguinte táboa:

Competición Medalla Centro Alumnos gañadores Titor
Agroxardinaría Ouro IES Montecelo (Pontevedra) Cristian Diz Rey e Abdelmonsif El Haddad Bárbara Carballal Mariño
Agroxardinaría Prata IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo) Iván García Pérez e Amaro Pérez Crespo Óscar Engroba Sal
Agroxardinaría Bronce IES de Arzúa (Arzúa) Juan Amigo Regueiro e Iván López Rey Iria Villar Rodal
Artes gráficas Ouro CIFP Compostela (Santiago de Compostela) Ana Méndez Crespo e Verónica Parafita Sánchez María Outón Parada
Artes gráficas Prata CIFP Leixa (Ferrol) Angeline Alonso Domínguez e Lara Sánchez Sánchez Isela García Pintos
Artes gráficas Bronce IES Rosalía Mera (A Coruña) Roxana Nicoleta Chiru Miclaus e Sabela Ramilo Montero María Caridad Ballesteros
Carpintaría e moble Ouro IES Rosalía Mera (A Coruña) Alicia de los Palos Fernández Juan José Cal Ferreira
Carpintaría e moble Prata IES de Salvaterra de Miño (Salvaterra de Miño) Jorge Solleiro Fernandez Enrique Pena López
Carpintaría e moble Bronce CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela) Brais Fernández Rial José María Cebeiro Fernández
Electricidade e electrónica Ouro CIFP A Farixa (Ourense) Mohamed Oukhoya e Eric Manuel Pichardo Carballo Emilio Vidueira Franjo
Electricidade e electrónica Prata CIFP Universidade Laboral (Culleredo) Juan Ismael Matos Rodríguez e Pablo Veiras Gude Susana Rey López
Electricidade e electrónica Bronce IES Macías o Namorado (Padrón) Marcos Barros Caamaño e Samuel Batalla Gago Samuel Rodríguez Saavedra
Floraría Ouro IES de Arzúa (Arzúa) Juan Manuel Nogueira Budiño Carlos Iglesias Ramos
Floraría Prata IES de Mugardos (Mugardos) Andrea Ríos López Patricia Blanco Vigo
Floraría Bronce IES Montecelo (Pontevedra) José Ramón Patiño Castellano Eliseo Castro Iglesias
Mantemento de vehículos Ouro IES Montecelo (Pontevedra) Adrián López Barcia e Alejandro Oliveira Martínez José Fuentes Fontáns
Mantemento de vehículos Prata IES de Vilalonga (Sanxenxo) Adrián Castro Rodríguez e Cristian Troncoso Soutullo Fernando Prado Santamaría
Mantemento de vehículos Bronce CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) Nico Canosa Gayoso e Pedro Lagares Costas Jaime Villar Martínez
Peiteado e estética Ouro  IES Montecelo (Pontevedra)  

Naiara Ameal Sangiao

 

Patricia Diz Peleteiro

Peiteado e estética Prata  

CIFP Someso (A Coruña)

 

Yoana Naya Ordóñez

 

María Begoña Rey Arufe

Peiteado e estética Bronce  

IES 12 de Outubro (Ourense)

 

Andrés dos Santos Moreno

 

María Trinidad García Vázquez

Servizos de restauración Ouro CEE Pontevedra (Pontevedra) Adrián García Besada e Sergio Varela Lapido María del Mar León Martínez
Servizos de restauración Prata CEE Infanta Elena (Monforte de Lemos) Jennifer Abad Fernández e María del Carmen Hermida Taboada Antonio Maceiras Charlón
Servizos de restauración Bronce CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela) Mary Blanco Bernárdez e Noemí Pombo García María del Carmen Alvite Caamaño
Xardinaría e viveirismo Ouro CEE Saladino Cortizo (Vigo) Andrés Durán Portela e Sandra Ferreiro Corral Francisco Antonio Cabaleiro Núñez
Xardinaría e viveirismo Prata CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela) Sergio García Becerra e David García Torres Manuel Andrade Vallo
Xardinaría e viveirismo Bronce CEE María Mariño (A Coruña) José Alejandro Fernández Rodríguez e Juan José Rabuñal López Guillermo Gil Docampo