Friday 22 de November de 2024

15 larachenses participa no curso sobre a planificación das plantacións de castiñeiro de froito


Hoxe celebrouse a primeira das tres xornadas das que consta a acción formativa.

Hoxe realizouse na Laracha a primeira das tres xornadas do curso formativo sobre a planificación e o deseño das plantacións de castiñeiro de froito, á que asistiron quince persoas. Foi impartida por persoal técnico do Centro Agroforestal de Riós en colaboración coa Consellería do Medio Rural e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

O Concello acolle esta iniciativa cos obxectivos principais de ofrecer formación ao respecto principalmente a tres colectivos: produtores en activo, persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria e desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario.

A Agacal, a través deste tipo de iniciativas de formación, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico.