Sunday 22 de September de 2024

Buscás vístese de festa durante toda a fin de semana


A parroquia honra a San Agustín e á Virxe do Carme, con actos litúrxicos e coas actuacións das orquestras Gran Vía e Alaska

A parroquia de Buscás celebrará esta vindeira fin de semana as súas festas na honra a San Agustín e da Virxe do Carme.
A primeira delas arrancará este sábado a partir das 13 horas cunha misa solemne, seguida de sesión vermú e verbena a cargo da orquestra Gran Vía. O domingo renderáselle tributo á Santa, tamén con misa ás 13 horas e con actuación musical do grupo Alaska, tanto a mediodía como á noite.