Dentro do Programa Andares por Galicia, o Concello de Oleiros organiza unha ruta pola Costa da Morte o sábado 18 de xuño. Para inscribirse é preciso cubrir un formulario na web do Concello a partir do vindeiro martes 7 de xuño ás 10:00 horas. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
A ruta irá desde a Ponte do Porto ata a Punta da Barca de Muxía, percorrendo a Praia Lago, o hórreo e reitoral de Dozón, os muíños do río Negro, Merexo, Chorente ou Muxía entre outros lugares. A distancia a percorrer é de 20 km e está cualificada como de dificultade media-baixa.
A actividade ten un custo de 22 euros e está dirixida a persoas maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas en Oleiros. Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.
INSCRICIÓNS:
https://docs.google.com/forms/d/1NOvAfZMT-HPifIlbGxH_KznogsxrGCmaUFZCi6ZRox8/closedform