— O delegado da Xunta visitou, esta mañá, os Nidos de Carnota, un dos locais dispoñibles na selección deste bono
— Estas axudas inxectaron máis de 380.000 euros nos establecementos turísticos desta área na convocatoria do ano pasado
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, valorou esta mañá a excelente acollida que está tendo esta nova edición do bono turístico “Quedamos en Galicia” que, polo de agora, ten adheridos 50 establecementos da comarca do Barbanza.
O delegado territorial subliñou que esta medida inxectou máis de 387.000 euros nos locais desta área que se uniron á campaña na edición anterior de 2021.
Trenor fixo estas declaracións, acompañado no transcurso dunha visita aos Nidos de Carnota, un dos establecementos que xa se poden seleccionar, ubicado no Concello de Carnota. dentro das tarxetas deste bono no ano 2022.
O representante do Goberno galego subliñou que “chegamos a esta terceira edición com moita ganas, tras dous anos de duras restriccións pola pandemia”. Neste senso, apuntou que “todos temos moitas ganas de saír por Galicia e boa proba diso foi a excelente acollida dos galegos a esta iniciativa turística”. Trenor destacou que con este plan queremos dinamizar e colaborar co noso potente sector turístico fora das datas de tempada alta”.
Trenor tamén destacou que “desde a Xunta eramos conscientes de que o turismo ía ser un dos motores da recuperación económica de Galicia trala pandemia, por iso estuvimos desde o primeiro momento do lado do sector con axudas por valor de 120 millóns de euros, cun obxectivo triplo: evitar a caída das empresas nos tempos de peche polas restricións sanitarias, adaptar os negocios aos protocolos e fortalecelos para a nova etapa que se abre agora, “cando Galicia aspira a liderar o sector a pechar o Xacobeo con cifras históricas”.
Xa no que vai de ano están a acadarse eses obxectivos, tendo en conta que na Semana Santa se rexistraron nalgúns destinos galegos cifras de ocupación superiores ás da prepandemia e que no que vai do 2022, da man do Xacobeo, o Camiño superou as 90.000 Compostelas, mellorando as cifras do 2019 no mesmo período, o ano no que se entregaron máis Compostelas.
O delegado da Xunta rematou recalcando que “Galicia está de moda” e puxo en valor a profesionalidade do sector e a solidariedade e responsabilidade dos galegos na consecución destes fitos.