Friday 22 de November de 2024

Volven atacar as árbores da zona verde de Canide


Un terrorista medioambiental reincidente, residente nas proximidades da zona verde de Canide, volveu atacar 3 árbores cun potente herbicida. Quedaron queimadas 2 figueiras, 1 piñeiro e a herba que as rodea.

“Como non podía ser doutra maneira volveremos plantar as árbores. Tamén imos colocarlle alí diante a árbore de ferro e, seguramente, algunha cousa que lle moleste aínda máis”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.