· O rexedor, Javier Gestal, incide na “importancia” das actuacións, coas que se “reforzará a seguridade viaria na rúa Souto de Castiñeiros, pola que pasan vos alumnos e alumnas do IES de Carral”.
O Concello iniciou, esta semana, as obras para concluír as beirarrúas inacabadas na rúa Souto de Castiñeiros. O alcalde, Javier Gestal, sinala a “importancia” destas actuacións, coas que se “reforzará a seguridade viaria nesta rúa, pola que pasan, a diario, vos alumnos e alumnas do IES de Carral”.
Con estas intervencións, o equipo de goberno finiquitará o proxecto iniciado polo anterior goberno local e que quedara inconcluso.
Para terminar estes traballos, o rexedor negociou coas persoas propietarias dos terreos, que concederon o permiso necesario para construír estas sendas. A execución destes traballos terá un custo duns 30.000 euros procedentes das arcas municipais.