Tuesday 26 de November de 2024

Axenda venres 3 de xuño en Cariño


Venres 3 de xuño, a partir das 19.30 horas, no Auditorio Municipal. Entrada de balde.

Actividade financiada cos fondos do PACTO DO ESTADO.

Autora: Carmen Conde
Música ao vivo: Su Garrido Pombo
Xénero: Narración oral e música ao vivo
Duración: 90 minutos
Público xuvenil e adulto, maiores de 13 anos.

“Tabú” é o espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.

Un tendal para poñer ao clareo todas as intimidades.