Friday 22 de November de 2024

A Xunta somete a información pública o proxecto do Parque Eólico Monteagudo


A documentación está dispoñible na web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial do parque eólico Monteagudo que afecta a territorio dos municipios da Laracha, Arteixo e Carballo.

O proxecto contempla a instalación de cinco aeroxeneradores de 4,5 MW de potencia nominal unitaria, dos cales un estaría situado en territorio da larachesa parroquia de Lendo.
Na publicación no DOG inclúese a localización exacta do parque eólico, que é promovido por Eólicos Breogán S.L.U., e a súa área de afección: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220601/AnuncioV0653-230522-0018_gl.html.
A documentación completa está dispoñible nesta ligazón ao portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion
O prazo para presentar alegacións ou observacións é de 30 días.