Saturday 16 de November de 2024

Tastarabás Teatro estrea a súa obra ‘As 3 Gracias’ na Casa da Cultura de Lousame, ateigada de público


A agrupación Tastarabás Teatro estreou a súa nova obra ‘As 3 Gracias’ en Lousame. Arredor dun cento de persoas ateigaron a Casa da Cultura lousamiana para asistiren a esta representación ambientada nun curioso museo que pola noite se enche de personaxes con variadas intencións, destacando entre eles estas tres rapazas.

A obra está dirixida por Gustavo G. Dieste, que tamén se encarga do espazo escénico e lumínico. A realización escenográfica corre da conta de Avelino Quiroga, mentras que a produción é do propio Concello de Lousame. ‘As 3 Gracias’ está representada por Suso Tubío, Cayetano Pais, Adriana Castro, Paula Moledo, Ángela Pérez, Noelia González, Marisol Creo, Ángeles Rial, Rosa Baña e Adriana Rodríguez.