O alumnado da Escola Municipal de Danza ofrecerá diversos espectáculos ao longo do mes de xuño. Todas as actuacións serán no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, abertas a toda a cidadanía.
O 10 de xuño ás 19:00 horas o grupo de Música e Movemento interpretará “Cincenta”. O 12 de xuño haberá musicais “Encanto 1” ás 11:00 horas, “Encanto 2” ás 13:00 horas e “High School Musical” ás 17:30 horas. O 17 de xuño ás 19:00 horas e o 18 de xuño as 12:00 horas actuará o alumnado de Danzas Clásicas e Contemporáneas que interpretarán a obra “Mary Poppins”. Pecharán os actos os grupos de danzas urbanas e lyrical jazz o 18 de xuño, ás 19:00 horas.