Monday 25 de November de 2024

EU Cambre convoca unha nova concentración no Centro de Saúde de Cambre a cita mensual será o día 2 de xuño diante do Centro de Saúde de Cambre ás 19,30


Dende o mes de febreiro, e mensualmente EU Cambre concéntrase diante dos centros de saúde do Concello reclamando a atención presencial tanto nas consultas como no sistema de citas. A formación afirma que: “Prácticamente a diario, veciñas e veciños do Concello trasládannos queixas relativas á precarización da Atención Primaria que non alcanza o ritmo de atención anteior á pandemia.” Como se pode observar na captura de pantalla, nos centros de saúde de Cambre, unha cita de atención primaria, nunca é inferior a 8 ou 9 días. Esto, o que fai, é saturar os servizos de urxencias con doenzas, que nunha enorme porcentaxe de casos non precisan mais que avaliación e seguimento polos profesionais da Atención Primaria, tendo outro inconvinte engadido que radica en perda na calidade asistencial visto que en moitas ocasións é o propio médico ou médica de cabeceira quen coñece persoalmente a historia clínica dos seus doentes e facilita moito o seu tratamento e mesmo diagnose. En palabras da Voceira de EU Cambre, Olga Santos: “Outras das queixas que a diario recibimos son as dificultades para solicitar cita a través do sistema de contestador, que para as persoas de mais idade, chega a convertirse nun elemento disuasorio á hora de solicitar unha cita, co que iso conleva”. EU seguirá, cada mes, poñendo o seu grao de area para contribuír á visibilización dun problema que afecta a toda a cidadanía socavando un dereito fundamental, como é o dunha asistencia sanitaria pública e de calidade na Atención Primaria