· O prazo estará aberto ata o 14 de xuño e hai opcións para todas as idades.
· As opcións van desde os campamentos urbanos, ás actividades náuticas ou as deportivas.
· Desde o goberno local explican que “esta só é unha parte dás actividades que se levarán a cabo durante a época estival, nas próximas semanas daranse a coñecer máis opcións”.
O Concello de Bergondo abrirá o vindeiro mércores, 8 de xuño, a inscrición para as súas actividades de verán, que están dirixidas a persoas de todas as idades, desde os 3 anos, e que se desenvolverán nas pistas polideportivas de San Cidre, na Casa da Cultura, Pavillón de Guísamo, na praia do Pedrido e na de Gandarío.
Desde o goberno local explican que “a idea é ir aumentando a oferta progresivamente xa que esta só é unha parte dás actividades que se levarán a cabo durante a época estival e nas próximas semanas daranse a coñecer máis opcións”.
As opcións van desde os campamentos urbanos temáticos, as actividades náuticas como kaiak, remo ou pádel surf, actividades deportivas como ioga, pilates, taichí, zoa, atletismo ou ximnasia rítmica. Algunhas destas actividades realízanse en colaboración con entidades deportivas da comarca, coas que tamén levarán a cabo tres campus: de atletismo, de remo e de ximnasia rítmica.
O prazo para anotarse finaliza o 14 de xuño e as solicitudes poden presentarse cumprimentando o formulario que poden atopar na web municipal www.bergondo.gal, por correo electrónico a cultura.deportes@bergondo.gal, a través da sede electrónica municipal, ou presencialmente de 9:30 a 15:30 horas na Casa da Cultura.