Saturday 16 de November de 2024

Aberto o prazo de inscrición para a feira de Santa Marta


A feira celebrarase entre os días 29 e 31 de xullo, coincidido coas Festas de Santa Marta

O Concello de Cabanas anunciou hoxe a apertura do prazo de solicitudes para participar na Feira de Santa Marta, que se celebrará entre os días 29 e 31 de xullo no Paseo da Madalena, establecéndose dous espazos diferenciados: un adicado a artesanía e produtos de alimentación e outro para o resto de produtos.

As persoas interesadas en participar cos seus postos na feira teñen de prazo até o venres 15 de xullo para presentar as correspondentes solicitudes a través do Rexistro Municipal, ben sexa de maneira presencial ou de maneira telemática, debendo anexar a instancia que se pode descargar da páxina cabanas.gal

De acordo co establecido no Regulamento de Venda Ambulante e Feiras, xunto coa solicitude, as persoas participantes deberán presentar o xustificante de pago das taxas (9 € polos tres días), fotografía do posto e indicar o tipo de mercadoría que poñen á venda, de cara á súa ubicación nalgunha das zonas dispoñíbeis.

Os mercados rexeranse polos seguintes horarios: de 08.00 a 11.00h para a instalación dos postos, de 11.00 a 21.00 horas para o funcionamento e desde esa hora para a súa recollida, non estando permitido en ningún caso a invasión de beirarrúas por vehículos nin cravar piquetas no chan.

O Concello de Cabanas organizará os postos de xeito que se respecten os accesos ao Piñeiral e outros elementos do mobiliario urbano.