A casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal será escenario no 3 de xuño, ás 20.30 horas, da inauguración da exposición colectiva de pintura Inquedanzas III.
Trátase dunha mostra formada por obras que plasman as inquedanzas das pintoras e pintores instruídos por Paola García: Ángela Campaña, Margot Fernández, Elena Moure, Elena Pazos, Josefa Seráns, Lola Seráns, Loida Moreno, Carmela Fernández, Dolores Mariño, Carmen González, Antonio Muñiz, Encarnita González, Ángeles Abalo e Pura Nin.
Organiza a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).
A entrada é libre ata completa-la cabida.