Unha vintena de escolares do CEIP Ponte de Xuvia, de sexto curso de Infantil, visitaron esta mañá o Concello, donde se reuniron coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos. Os menores ocuparon os asientos das concelleiras e concelleiros da corporación local para dirixirse á rexedora local, á que lle formularon diversas preguntas. A iniciativa forma parte do apartado de “Coñecemento do Concello”, do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola.
En que consiste o seu traballo, se lle gusta, se pensou algún día en ser alcaldesa, se lle gustan as nenas e nenos… e outras cuestións relacionadas coa súa faceta tanto profesional como persoal foron respostadas pola alcaldesa, que tamén lles preguntou algunhas ideas para o Narón do futuro.
As nenas e nenos tiveron a oportunidade, acompañados por docentes do centro, de ver o vídeo “Nara de Narón”, no que se explican os principais puntos da historia da cidade e se realiza un percorrido polas instalacións e elementos culturais e patrimoniais máis coñecidos en cada unha das parroquias. A abella “Nara” e un explorador guían aos menores durante a súa estancia no Concello, donde tamén realizan un crebacabezas sobre a cidade.
A alcaldesa entregoulles como agasallo unha gorra e un exemplar do libro “Narón pinta ben”, no que poderán colorear diferentes espazos de Narón. Antes de abandonar o Consistorio de regreso ás aulas, sacaron unha fotografía con Ferreiro para recordar a visita e outra no photocall “Ti es a abella Nara”.