60 nenos e nenas de 6 a 13 anos que están a participar nos obradoiros de conciliación Xoga con Nós e Camp of Cultural Summer pertencentes á programación do Verán Cultural de Riveira tiveron oportunidade de visitar o parque periurbano de San Roque.
Aí tiveron ocasión de coñecer algunhas das exposicións permanentes sobre a prehistoria e o patromonio do municipio que se poden contemplar no Centro de Interpretación Arqueolóxica: lugar onde puideron realizar unha visita guiada da man da técnica municipal de turismo Sandra Fernández.