Friday 22 de November de 2024

A Coruña celebra o Día Internacional dos Mercados con música e actividades nos mercados municipais


O Concello da Coruña, con motivo da celebración do Día Internacional dos Mercados, levou a cabo este sábado varias actividades de dinamización nos mercados municipais de Durmideiras, Ramón Cabanillas, Elviña, Monte Alto, San Agustín e Eusebio da Guarda. Entre as 10.00 e as 14.00 horas estivo dispoñible un taboleiro cun espazo central en forma de corazón de cor branca, no que as persoas que entran no mercado poden depositar un corazón vermello que se lle entregará á sua chegada.

Ademais, durante esta mañá realizouse unha actuación musical en cada un dos mercados, convidadando aos coruñeses e coruñesas a celebrar esta data dunha forma diferente e especial. Unha actividade que leva a cultura aos mercados, dándolle un segundo uso ao espazo municipal como escenario musical.