Saturday 16 de November de 2024

A Xunta realiza traballos de conservación e limpeza nos treitos interurb anos do río Anllóns no concello de Cabana de Bergantiños


― Estas tarefas desenvólvense nun treito de 720 metros do río, ao seu paso pola parroquia de Corcoesto

― As tarefas céntranse na retirada de vexetación á altura da ponte de Cardezo, así como na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos

― Augas de Galicia mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Anllóns, ao seu paso pola parroquia de Corcoesto, no concello de Cabana de Bergantiños.

O treito interurbano no que se están levando a cabo estas tarefas suma unha lonxitude de 720 metros. As intervencións céntranse na retirada de vexetación á altura da ponte de Cardezo, así como na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte e nas súas zonas de acceso e protección.

A Xunta mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.