O Concello de Miño rematou os traballos de renovación da pasarela da praia de Perbes, que xa está totalmente operativa para que poidan facer uso dela os usuarios e usuarias do areal durante a temporada de verán.
A renovación da infraestrutura consistiu na substitución dos materiais da antiga pasarela por unha madeira nova, solucionando así as deficiencias que presentaba e empregando un material adecuado á contorna na que se sitúa.
Levaba bastantes anos deteriorada e remendada polo q nesta segunda fase rematase a súa completa renovación. O importe invertido en estas dúas fases está preto de 30.000 euros.