A xestión urbanística que realiza o Concello no desenvolvemento de novas urbanizacións garante un crecemento sostible, ordenado e de baixa densidade. Tamén permite a obtención gratuíta de solo para equipamentos, zonas verdes e parcelas construíbles.
Neste momento, nin o Goberno do Estado nin o da Xunta, que teñen as competencias de vivenda, están a conceder axudas nin a construír vivendas protexidas. Ante esta situación, o Concello vai promover a construción de pisos en diferentes zonas do municipio que se venderán a prezos inferiores aos de mercado.
O primeiro dos edificios crearase en Xaz, xunto ao campo de golf, onde o Concello é propietario dunha parcela reservada para a construción de 29 vivendas. Para garantir a calidade da edificación e a venda a prezos inferiores aos de mercado, o Concello venderá o solo por unha cantidade económica moi baixa.
Só poderán optar a estas vivendas veciños e veciñas de Oleiros. No momento no que o proxecto se atopa máis avanzado informarase dos requisitos e prazos para poder optar á adquisición destas vivendas.