Alternativa dos Veciños, a través da área de Deportes que dirixe a concelleira María Nogareda e coa colaboración dos traballadores de Obras e Servizos, está a realizar varias actuacións de mellora nas pistas deportivas de Carnoedo.
Despois de arranxar as pistas deportivas das parroquias de Sada que estaban en peores condicións, estase a proceder estes días o arranxo do perímetro e valado das pistas deportivas da Casa do Pobo de Carnoedo. Uns traballos que van a mellorar a accesibilidade e a seguridade da práctica deportiva ós veciños e veciñas desta parroquia da zona norte de Sada.
A Concellería de Deportes quere agradecer a grande implicación e o bo traballo dos traballadores de Obras e Servizos por levar estas actuacións a bo porto para o beneficio de toda a veciñanza.