Saturday 16 de November de 2024

A costa libre de Oleiros volve ser distinguida como sendeiro azul europeo


A costa libre de Oleiros, con 26 km totalmente transitables a través de sendas e paseos públicos, volveu ser recoñecida como sendeiro azul europeo. As políticas promovidas polo Concello de protección medioambiental do litoral e creación de espazos de uso público permiten que practicamente toda a costa oleirense se atope aberta á cidadanía.

Ao longo da etapa democrática, os gobernos municipais foron liberando e protexendo a costa, impedindo e paralizando proxectos especulativos que supoñerían a destrución paisaxística do litoral. Ademais de poder gozar da beleza inigualable da costa de Oleiros, os paseos melloran considerablemente a calidade de vida da cidadanía e fomentan unha mobilidade segura e sostible.

O sendeiro azul é un premio a nivel europeo que recoñece aqueles espazos e camiños públicos de elevado valor ambiental, sostible e patrimonial.