· A actuación, que discorre ao longo da vía AC-162 ao seu paso polo núcleo, conta cun orzamento de 313.622,10 euros.
O Concello de Bergondo iniciou os traballos para completar a rede de saneamento no lugar de Tatín, na parroquia de Ouces. A actuación, que conta cun orzamento de 313.622,10 euros, leva a cabo ao longo da vía AC-162 ao seu paso polo núcleo
Os traballos inclúen a instalación dunha rede de seis colectores de augas residuais no núcleo de Tatín e nos bordos da estrada AC-162, que discorrerán por gravidade ata concentrarse nun punto baixo na marxe dereita da vía, próximo ao ‘regacho de Tatín’. Alí implantarase unha estación de bombeo con 2 bombas para impulsar o afluente ata un pozo da rede xa existente en Gandarío e a súa posterior chegada á Estación Depuradora de Augas Residuais.
Ademais, inclúese a creación de pozos de rexistro e contémplase a reposición do firme afectado polas obras, incluídas as beirarrúas da AC-162.
O Concello de Bergondo continúa así co seu plan de extensión deste servizo que considera básico e imprescindible, tanto para a cidadanía como para lograr un desenvolvemento sostible do municipio.