Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de xuño que se desenvolve nas casas da mocidade. Están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.
Durante o mes de xuño realizarase un obradoiro de cociña xaponesa, xornada de mediación comunicativa, obradoiro de maceteiros de macramé, unha etapa do Camiño de Santiago, obradoiro de xabón de glicerina, exposición “Defensoras da natureza”,… ademais de continuar co programa radiofónico Mociradio. Para obter máis información ou inscribirse é posible nas casas da mocidade (Santa Cruz e As Pedras), chamar ao 981 614 083, ou enviar un correo a pix.portaberta@gmail.com ou pix.aspedras@gmail.com.