Friday 22 de November de 2024

O Pazo acolle este sábado a representación da peza de teatro contemporáneo “Othello”


A compañía Voadora traerá este sábado, día 28, ao Pazo da Cultura, a peza de teatro contemporáneo “Othello”, baseada na novela escrita hai máis de 400 anos por William Shakespeare e dirixida agora por Marta Pazos, pero cuxa temática está de novo próxima no tempo. A representación dará comezo ás 20.00 horas e as entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Unha muller europea e un home africano namóranse pero ao final el asasínaa, convertíndose Othello en vítima e verdugo debido a un feminicidio que xorde dunha mentira e por entender como propio o que non se pode posuír. Na peza emprégase a comedia como xeradora do discurso sobre a dor e a rabia para que o público se pregunte que pode facer dende o presente para deter o tempo no relato, pero xa é tarde.