O Concello da Pobra do Caramiñal atópase desenvolvendo unha serie de itinerarios guiados cos cales difundi-la cultura e o patrimonio do municipio entre o alumnado dos centros de ensino.
Neste 26 de maio foi a quenda de dous grupos de 3.° da primaria do CEP Salustiano Rey Eiras: no Museo Valle-Inclán puideron coñece-la historia do inmoble e datos sobre a vida e obra do escritor Ramón del Valle-Inclán da man da técnica da institución museística, Araceli Abad; mentres unha das técnicas do Turismo do Concello, Ángeles Tubío, lles ofreceu un percorrido guiado polo patrimonio, achegándose a espazos como o Cantón da Leña, a praza Victoriano García Martí, a casa do concello ou Villa Eugenia, entre outros.