As escolas deportivas municipais de Neda encaran o fin de curso, e coa vista posta nel, este venres 27 de maio, os alumnos e alumnas máis novas das actividades de baile moderno, tenis e patinaxe ofrecerán unha exhibición aberta á cidadanía en xeral na que amosarán algúns dos coñecementos e habilidades adquiridas. A cita celebrarase na polideportiva do Roxal, a partir das 18 horas e cunha duración estimada de 2 horas. Iso si, as clases continuarán ao longo do mes de xuño, coincidindo a duración das actividades coa do curso escolar.