Debido ás guerras comerciais entre as empresas de telecomunicacións, numerosos veciños e veciñas de Oleiros están a sufrir continuos cortes nos servizos de internet, teléfono e televisión nos seus domicilios. Ante esta situación e mentres non se resolvan por completo as avarías, o Concello de Oleiros paralizará todos os traballos que as empresas pretendan realizar nas arquetas de propiedade municipal.
Os cidadáns non poden ser as vítimas das loitas comerciais existentes entre empresas privadas. As leis do Estado, feitas a medida para maximizar o beneficio destas compañías, amparan diversas prácticas abusivas cos clientes que se atopan totalmente desamparados ante este tipo de empresas.