A Orquestra Sinfónica da Escola Municipal de Música, co acompañamento do ballet da Escola Municipal de Danza, actúan este domingo 29 de maio, ás 12:30 horas, no parque da Lagoa de Mera.
O concerto será gratuíto e aberto para toda a cidadanía. Nas próximas semanas continuarán organizándose distintos concertos e espectáculos en diferentes espazos públicos do municipio.