Friday 22 de November de 2024

O sábado cortarase a estrada de acceso a Mera para o XXXII Tríatlon Concello de Oleiros


O vindeiro sábado 28 de maio celébrase o XXXII Tríatlon Concello de Oleiros, no que competirán 200 deportistas. Para o desenvolvemento desta competición deportiva será preciso cortar o tráfico da estrada xeral de acceso a Mera (AC-173), entre as 16:00 e as 18:00 horas aproximadamente.

Mentres se celebre a proba a estrada permanecerá pechada, desde a intersección de Lourido ata o parque da Lagoa. Os vehículos que queiran dirixirse a Mera poderán facelo a través da vía Ártabra.