A actividade enmárcase na campaña “A través dos ollos das mulleres”, impulsada pola área de igualdade
O Concello de Cabanas, a través da área de igualdade, organiza un café conversa sobre fotografía e memoria, que terá lugar o próximo martes 31 de maio na Escola de Lavandeira, entre as 17 e as 18.30 horas.
Será unha sesión relaxada, aberta ao público, e na que se conversará coas mulleres da Asociación de Mulleres Cabanas Rural sobre o seu traballo de recollida de imaxes fotográficas en colaboración coa veciñanza.
“O obxectivo é compartirmos historias e perspectivas sobre o pasado e o presente das xentes e lugares da contorna”, indicou a concelleira de igualdade, Paula González. A actividade está enmarcada na campaña “A través dos ollos das mulleres”, e será impartida por ffotoeduca.
As persoas interesadas que desexen máis información ou anotarse á actividade, poden dirixirse ao correo igualdade@cabanas.gal ou ao teléfono 649 075 263.