O Concello de Riveira informa da adxudicación con carácter provisional dunha nova actuación consistente na pavimentación de tres rúas na parroquia de Palmeira: iniciativa que está adscrita ao Plan de Aforro e Investimento da Deputación Provincial.
O desenvolvemento das obras comporta un investimento de 45.500 euros, IVE incluído. A empresa Canarga foi a entidade con mellor clasificación.
As obras que serán obxecto dun novo pavimento son a estrada coñecida como do Carballal (situada detrás da subestación de Fenosa) e dous tramos das rúas Pedra da Aiga e a rúa da Bouciña.
A actuación ten un prazo de execución dun mes e medio.