Neste 24 de maio chegaron á súa fin as xornadas de seguridade viaria destinadas a escolares da educación infantil do municipio.
Efectivos da Policía local da Pobra do Caramiñal desprazáronse ata a E.E.I. Fernández Varela, onde lles ofreceron ás crianzas nocións básicas de seguridade viaria co soporte de recursos cun compoñente lúdico cedidos pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), ademais de explicárlle-lo equipo humano e material co cal conta o corpo policial.
Estas sesións xa se desenvolveron en semanas previas nas unitarias do Vilariño, A Angustia, A Granxa e no Monte Carmelo. O concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), e o xefe da Policía local, José Manuel Cameán, aseguran que se valorará repetir accións semellantes para continuar achegando o labor das e dos axentes aos nenos e nenas.