Saturday 28 de September de 2024

Música de cámara, violín e piano este sábado na Fábrica


O sábado 28 de maio, ás 20:00 horas, Stefan Marinescu e Julio Mourenza protagonizarán un recital de música de cámara, violín e piano. A entrada é gratuíta e repartiranse convites a partir das 19:30 horas.

Stefan Marinescu, membro da Orquestra Sinfónica de Galicia desde 2005, é profesor na Escola de Música Municipal de Oleiros. Julio Mourenza é catedrático de Piano do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Na actuación interpretarán a Sonata Kreutzer de Beethoven e a Sonata en La Mayor de C.Frank.