· O prazo para a presentación de instancias para a convocatoria financiada con fondos propios finaliza mañá e a subvencionada con fondos autonómicos o vindeiro luns.
· Outro servizo que proporcionará o Concello nas praias será o de limpeza, que levará a cabo diariamente.
O Concello de Bergondo comeza os preparativos para o verán. Tras constatar cos controis da Consellería de Sanidade que as praias do municipio contan cunha boa calidade da auga, agora saca a contratación 14 prazas para o servizo de socorrismo durante a tempada estival en Gandarío e O Pedrido.
Para iso emitiu dúas convocatorias, unha financiada con recursos propios que conta con 8 prazas de socorrista e outra subvencionada con fondos autonómicos de 6 prazas. O prazo para presentar candidaturas á primeira finaliza mañá, mércores 25 de maio, mentres que para a segunda estará aberto ata o vindeiro luns, 30 de maio.
Outro servizo que proporcionará o Concello de Bergondo nas praias será o de limpeza, que levará a cabo diariamente desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro en Gandarío e O Pedrido e tres veces por semana nos areais de Ou Regueiro e A Cabana.
Un importante gasto que ano tras ano asume o Concello de Bergondo e que permite contar cuns areais limpos e seguros para o desenvolvemento do turismo e a actividade económica estival no municipio.