Friday 22 de November de 2024

A Banda de Música Isabel II de Touro protagonizou onte o Concerto das Letras Galegas 2022


ᴀ ʙᴀɴᴅᴀ ᴅᴇ ᴍÚꜱɪᴄᴀ ɪꜱᴀʙᴇʟ ɪɪ ᴅᴇ ᴛᴏᴜʀᴏ, baixo a dirección do mestre Moncho López Couso, protagonizou onte o Concerto das Letras Galegas 2022. Os músicos e músicas da formación do Concello de Touro brindaron un repertorio salpicado con diferentes temas ao público que se achegou ata a Casa da Cultura de Touro. O concerto comezou ás 19.30 horas e discorreu tras a estrea da obra teatral ‘O testamento do tío Nacho’ do grupo ‘Os comediantes’ do Centro Social de Touro. Os integrantes da Banda de Música Isabel II de Touro, tras demostrar o seu talento musical, recibiron a ovación agarimosa do número público que disfrutou en vivo e en directo da música da formación de Touro.