Friday 22 de November de 2024

O curso de poda da Pobra continuou nesta fin de semana


O Concello da Pobra do Caramiñal desenvolveu durante esta fin de semana a segunda parte do curso de poda posto en marcha pola Área do Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra).

O programa teórico-práctico comezou no mes de febreiro coa poda en seco de froiteiras de óso e pebida para, no 21 de maio, as persoas participantes asistiren á poda en verde.

Os obxectivos desta acción formativa son proporcionarlle á veciñanza nocións básicas sobre un correcto procedemento para mellora-la floración e aumenta-la produción das súas árbores.