Friday 22 de November de 2024

Preto de 30 quilos de residuos recodigos na limpeza da praia do Pedrido


● Enmárcase na actividade “Arte e Comparte”, organizada polo Voluntariado Social do Concello en colaboración cos usuarios do CPAP, que participaron na recollida.

● Participaron máis de 40 persoas, que posteriormente reciclarán os residuos nun taller de creación artística

Máis de 40 persoas participaron hoxe, sábado 21 de maio, na actividade de limpeza, clasificación e recollida de residuos organizada polo Concello de Bergondo dentro do programa se sensibilización e conciencación sobre a contaminación dos mares ‘Arte e Comparte’

Esta actividade, organizada polo equipo de voluntariado municipal en colaboración co Centro de Promoción dá Autonomía Persoal ( CPAP), permitiu recoller 27,25 quilos de residuos que agora se utilizarán nun taller, previsto para o mércores 25 de maio, para crear produtos artísticos e, deste xeito, darlles unha segunda vida a través da reciclaxe.