Friday 22 de November de 2024

O Concello organiza mañá sábado unha limpeza de residuos na praia do Pedrido


● Enmárcase na actividade “Arte e Comparte”, organizada polo Voluntariado Social do Concello.

● Os residuos recolleitos reciclaranse despois nun taller de creación artística

O programa de sensibilización e concienciación sobre a contaminación dos mares “Arte e comparte” do Concello de Bergondo continuará mañá, sábado 21 de maio, cunha limpeza, clasificación e recollida de residuos que levará a cabo na praia do Pedrido a partir das 11 horas.

Esta actividade está organizada polo equipo de voluntariado social en colaboración co Centro de Promoción dá Autonomía Persoal ( CPAP). Na súa primeira fase realizouse unha xornada informativa na que se puxo en valor a importancia de protexer o medio ambiente das accións humanas; mañá terá lugar a xornada de limpeza de residuos na praia do Pedrido e o mércores 25 de maio realizarase un taller no que se utilizarán os materiais residuais recollidos no Pedrido para crear produtos artísticos e, deste xeito, darlles unha segunda vida a través da reciclaxe.

A actividade está aberta a todos os públicos e os interesados poderanse inscribir no Departamento de Servizos Sociais (981 79 12 52-629 104 568)