Friday 22 de November de 2024

Cortes de circulación no centro de Mera con motivo das obras de renovación da rede de auga


A partir do vindeiro martes día 24 de maio, procederase á renovación da rede de abastecemento de auga en varias rúas do centro de Mera. O primeiro corte de circulación realizarase na rúa Doutor Fleming, polo que o tráfico quedará desviado pola rúa Parameiras e a rúa Xúpiter.

Estes traballos forman parte da reurbanización completa que se está a realizar. Ademais da rede de auga, inclúe a creación de beirarrúas, aparcamentos e renovación do alumeado público.