O servizo de apoio e asesoramento para o emprego que se presta desde o Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo axudou a que 373 persoas atopasen emprego durante o ano 2021. En total foron atendidas 4.447 persoas nas dependencias dos Regos ao longo de todo o ano pasado.
Pola súa parte, o servizo de asesoramento a emprendedores deu información a 62 proxectos empresariais. Da man do Concello de Oleiros naceron 15 novas empresas que crearon 21 novos postos de traballo.