Friday 22 de November de 2024

O concursode marcapáxinas organizado polo concello xa ten gañadoras


Os traballos que obtiveron os primeiros premios serán editados e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da rede de bibliotecas municipais.

Xa hai gañadoras do concurso de marcapáxinas organizado polo Concello no marco do programa de actividades en torno ao Día das Letras Galegas e no que se convidara a participar ao alumnado de educación primaria.

O xurado, tras valorar todos os traballos presentados, acordou outorgar os seguintes galardóns:
Alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria:
• 1º premio: Sofía Queijo Rey por “Soñar esperta, cos ollos abertos”.
• 2º premio: Vera Castro Cacharrón por “Un conto”.

Alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria:
• 1º premio: Uxía Rodríguez Cotelo por “Eu elixo ler”
• 2º premio: Noa Cabezas Martínez por “Os extraterrestres tamén len.

As catro galardoadas recibirán como agasallo lotes de libros e material didáctico adaptado ás súas idades. E entrega dos premios será o venres da semana que vén (27 de maio) ás 19:00 horas na biblioteca municipal da Laracha. Ademais, os traballos que obtiveron o primeiro premio de cada categoría serán editados polo Concello e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da Rede de Bibliotecas Municipais.

Os marcapáxinas permanecerán expostos ao público durante os próximos días na biblioteca municipal da Laracha.