Friday 22 de November de 2024

A praza do Concello, epicentro do asociacionismo en Artemar Riveira


Un ano máis a praza do Concello eríxese no epicentro das asociación na feira Artemar Riveira, que dan boa conta do seu bo facer a través de distintos obradoiros: elaboración de marcapáxinas, de confección de redes, de vainicas, degustacións de xurel e xarda, actuación de pandereteiras… un amplo abano de actividades se dan cita neste emprazamento no que están a participar Amas de Casa, Aires de Dorna, Riveira escríbese con V, A Creba e o Centro Cultural e Recreativo Santa Uxía, ademais de diversos postos de artesanía galega.

Numerosos visitantes achegáronse esta mañá á esta praza, que estuvo animada ademais con actuacións de malabaristas e espectáculos de maxia. Cómpre lembrar que no stand de Riveira escríbese con V, ademais de numeroso material co que informarse sobre os recursos turístico da zona e sobre o programa da feira, tamén é posible cubrir unhas enquisas coas que optar este domingo a un dos dez lotes de conserva artesanal marca Frinsa que se sortearán. Será ás dez da noite no transcurso do tradicional esconxuro da queimada.

A praza do Concello foi escenario tamén na noite de onte do pregón inaugural a cargo da riveirense Sabela Pensado, campioa galega de triatlón, que estivo acompañada do alcalde Manuel Ruiz e a concelleira Fabiola García nun evento que reuniu a numerosos espectadores.